Rescatan a tres gatiños dun contedor de lixo en Lourido

Poio
24 de setembro 2023

O vindeiro venres entra en vigor a lei de benestar animal que, entre outras medidas, prohibe os malos tratos e abandono de mascotas e endurecerá as sancións

Rescatan tres gatiños dun contedor de lixo en Lourido Protección Civil de Poio

Voluntarios de Protección Civil de Poio rescataron a tres crías de gato de apenas unhas semanas de vida que fora abandonadas nun contedor de lixo na zona de Lourido. 

Os animais foron entregados ao servizo municipal da Canceira de Poio.

O vindeiro venres entra en vigor a lei de benestar animal que, entre outras medidas, prohibe os malos tratos e abandono de mascotas e endurecerá as sancións. Así mesmo castigarase a ausencia de denuncia en caso de perda ou subtracción do animal, tamén por deixar cans ou gatos de forma permanente en terrazas, balcóns, azoteas, rochos, sotos, patios ou vehículos.

Polo momento non será obrigatorio o curso de tenencia de cans e o seguro de responsabilidade civil, á espera da aprobación do regulamento que desenvolverá eses aspectos, unha demora debido a que o Goberno está en funcións.

Entre as novidades que recolle a nova lei figura que non poderá deixarse os animais de compañía sen supervisión durante máis de tres días consecutivos, e no caso dos cans, o máximo serán vinte e catro horas consecutivas.

A lei sinala as obrigacións dos donos como identificar as súas mascotas e garantir os seus servizos sanitarios, recorrer a un profesional de comportamento de animais cando existan problemas de convivencia, evitar a reprodución indiscriminada e manexalos con métodos que non causen sufrimento.

Ademais, considerarase moi grave o adestramento e uso de animais para pelexas.