A Garda Civil de Pontevedra rescatou na noite deste domingo 14 de abril os seis tripulantes dunha embarcación de recreo na Ría de Pontevedra.
A embarcación Corvo Mariño do Servizo Marítimo da Garda Civil foi a encargada do rescate.
Os seis tripulantes ían a bordo dunha embarcación que se atopaba na entrada á canle de acceso ao Club Náutico de Pontevedra.
Segundo a información da Garda Civil, a Corvo Mariño realizou o remolque da embarcación mentres os seis tripulantes subiron a bordo da nave oficial.