O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, a concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín e o presidente da Comunidade de Montes de Santomé, Daniel Rosales, acompañaron aos técnicos do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Cerdedo-Cotobade, que botaron ao Lago de Castiñeiras 6.000 exemplares de troitas, de tipo salmo trutta.
Estes exemplares foron criados na piscifactoría do centro e forman parte da fauna autóctona do lago.
Os técnicos precisaron que son alevíns, polo que crecerán no propio ecosistema natural no que foron depositados.
Esta operación faise ao longo dos anos para manter unha poboación estable de troitas no lago, unha poboación que se vai controlando por parte da Comunidade de Montes e que supón, como todas as iniciativas medio ambientais que se realizan no Lago, unha aposta máis por enriquecer o seu atractivo.