Repintado para a zona de estacionamento xunto á Escola Naval

Marín
12 de abril 2024
Actualizado: 30 de setembro

O Concello de Marín anuncia a medida co obxectivo de regular o aparcamento nesta zona e así evitar usos indebidos e problemas no acceso e saída de vehículos

Zona de aparcadoiro xunto á Escola Naval de Marín Mónica Patxot

O Concello de Marín anunciou que repintará a zona de aparcadoiro público do peirao anexa á Escola Naval Militar, que sufriu modificacións pola ampliación da beirarrúa e a mellora da conexió coa Praza de España e o Paseo Alcalde Blanco.

O obxectivo, asegura o goberno local, é regular o aparcamento nesta zona e así evitar usos indebidos e problemas no acceso e saída de vehículos.

Desta forma o Concello pintará novas prazas de estacionamento, entre o vial peonil e o portuario.

En total, ordenaranse as 100 prazas existentes nesa parte da parcela, creando unha liña en batería ao carón da beirarrúa e outra fronte ao vial portuario, que á súa vez terá unha serie de estacionamentos en liña. 

O resto do estacionamento seguirá igual e irase mellorando a súa disposición a medida que avance o proxecto do Centro Sociocultural.

Doutra banda o Concello de Marín aforma que está preto de pechar un acordo cos propietarios dunha parcela próxima a Ponte Zapal para crear alí un novo aparcadoiro disuasorio.