A Xunta de Galicia está a rematar o proceso de renovación de 7 novos equipos de ecografía nos servizos de Xinecoloxía e Obstetricia en centros asistenciais públicos da Área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés mediante un investimento de 420.000 euros.
En particular, procedeu á renovación de dous ecógrafos tanto no Hospital do Salnés en Vilagarcía de Arousa coma no centro de especialidades da Casa do Mar de Mollabao en Pontevedra.
Tamén na capital provincial renovou outros tres ecógrafos no Hospital Provincial do Complexo Hospitalario Universitario.
Dita iniciativa tecnolóxica e asistencial complementa a efectuada o pasado ano 2022 na Área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés, cando renováronse outros 6 ecógrafos nos seus hospitais cun investimento de 494.085 euros.