Renovado o equipamento do ximnasio da piscina municipal de Marín

Marín
11 de outubro 2024

Esta dotación de material sufragouse grazas a unha subvención de 25.000 euros por parte da Deputación de Pontevedra

Novo equipamento do ximnasio da Piscina Municipal de Marín
Novo equipamento do ximnasio da Piscina Municipal de Marín Concello de Marín

O ximnasio situado nas instalacións da piscina municipal de Marín xa está renovado. A nova maquinaria adquirida polo Concello dá solución á demanda das persoas usuarias da sala fitness.

Segundo indicou o Concello, a renovación consistiu na instlación de dúas bicicletas elípticas, unha stair claimber, dúas máquinas de remo, dous andeis para mancuernas e dous soportes para pesas.

Tamén se incorporan varias unidades de pesas de distintos quilos, seis pratos olímpicos, dúas barras olímpicas normais e outra hexagonal, varios xogos de mancuernas e cordas para TRX.

Esta dotación de material sufragouse grazas a unha subvención de 25.000 euros por parte da Deputación de Pontevedra.

Ademais, desde o Concello informan que os técnicos municipais están a levar a cabo un estudo das necesidades máis urxentes coas que conta a instalación da piscina.

O obxectivo é acadar financiamento para buscar solucións e reparalas, ademais de seguir mellorando o equipamento.

Doutra banda, a raíz do paso do temporal Kirk levantáronse dous ferros da fachada, polo que desde a corporación municipal xa están a buscar orzamento co obxectivo de repolas na maior brevidade posible.