As visitas guiadas para coñecer o patrimonio arqueolóxico do Concello de Cuntis remataron este venres 13 coincidindo co plenilunio. O percorrido realizouse ata o conxunto arqueolóxico da Ran.
Os participantes recibiron unha charla explicativa sobre os principais fundamentos da arte rupestre no norte da Península Ibérica.
Grazas á luminosa lúa e coa axuda das lanternas, os visitantes puideron comprobar as formas dos gravados situados en distintas rochas comprobando os magníficos relevos que representan.
O alcalde Manuel Campos Velay acudiu a este roteiro e sinalou que estas actividades resultan necesarias para poñer en valor o patrimonio arqueolóxico, que en moitas ocasións atópase esquecido ou desprotexido.