A Deputación de Pontevedra anuncia que acaba de rematar as obras de mellora e seguridade na estrada provincial EP-0508, entre Curro e San Amaro, no Concello de Barro.
Os traballos son unha resposta a unha petición realizada polo Concello de Barro e supoñen unha mellora notable da seguridade viaria neste tramo.
O proxecto incluíu a limpeza das cunetas, executar unha gabia drenante para o saneamento e unha cuneta tendida de formigón (máis ampla e ao mesmo nivel da calzada), que agora permite o tránsito para as persoas que transiten a pé pola zona.
A actuación afectou a un tramo de 640 metros que transcorre pola parroquia de Curro e supuxo un investimento de preto de 50.000 euros.