Rematada a reforma integral do patio da Galiña Azul de San Pedro

Marín
30 de xaneiro 2024

As obras rematarán este mércores e nelas investíronse máis de 15.700 euros. A seguinte actuación que se levará a cabo en centros educativos será a obra da cuberta da EII O Grupo Escolar.

Patio da Escola de Educación Infantil Galiña Azul de San Pedro Concello de Marín

O Concello de Marín vén de practicamente rematar as obras de reforma integral do patio da Galiña Azul de San Pedro, un espazo moi utilizado polos pequerrechos que van á escola infantil e que precisaba dunha actuación urxente, dando que polo uso e as inclemencias meteorolóxicas, atopábase nun estado xa moi degradado.

Tal e como explicou a concelleira de Educación, Marián Sanmartín, as obras consistieron "na reposición do chan, onde colocamos caucho; na retirada do valado e dun xogo anterior, que tamén se atopaba en malas condicións".

Ademais de repoñer ese chan, adquiriuse un novo elemento de ocio para que os nenos xoguen nel con toda seguridade. 

Os traballos arrancaron a pasada semana a cargo da empresa HPC e estarán listos mañá. A inversión rondou os 15.700 euros. "Con esta obra, seguimos consolidando a nosa aposta por manter na mellor das condicións posibles os centros educativos", explicou Sanmartín, que adiantou que a próxima obra de relevancia que se levará a cabo nunha infraestructura educativa en Marín será "a substitución dunha parte da cuberta da EII do Grupo Escolar".

"A obra xa está adxudicada e recén entregado o Plan de Seguridade e Saúde", indicou a edil de Educación, que cifra a inversión deste proxecto no entorno dos 30.000 euros, pero asegura que se trata dunha "actuación necesaria e prioritaria que esperemos que poida iniciarse canto antes".