Remata a humanización de espazos na Unidade de Partos do Hospital Provincial

Pontevedra
08 de agosto 2023

Dotouse de nova sinaléctica e ambientación cromática a algunhas áreas coma o control desta unidade, a súa sala de espera, os accesos á área de dilatación e a sala de coordinación de supervisión de partos

Unidade de Partos Sergas

A Área Sanitaria de Pontevedra ven de rematar a "humanización de espazos" na unidade de Partos do Hospital Provincial.

Dotouse de nova sinaléctica e ambientación cromática a algunhas áreas coma o control desta unidade, a súa sala de espera, os accesos á área de dilatación e a sala de coordinación de supervisión de partos. 

Próximamente incorporarase á unidade novos biombos deseñados específicamente para estes espazos, así coma a dotación dun xenerador auxiliar de enerxía. 

Con estas melloras, a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés busca potenciar o seu modelo de asistencia ao parto, no que resulta clave que os espazos se convirtan en máis amables e axeitados para a prestación de coidados centrados no alumeamento dos bebés. 

Dende a Xerencia destacan que "a implicación do persoal da unidade de partos pontevedresa foi crucial neste proceso" e que "esta humanización da área obstétrica facilita tanto aos profesionais como ás nais aqueles elementos que contribúan a que se atopen máis relaxadas e confortables". Estes ingredientes principais son "a privacidade, a intimidade e a seguridade", afirman.

Esta humanización complementa as obras de renovación de equipamento e instalacións da unidade de Partos da área de Obstetricia do Hospital Provincial efectuadas durante o pasado verán, que melloraron os aseos, o chan da zona de dilatación, procederon á instalación de aire acondicionado e a substitución dunha lámpara do quirófano da Unidade por unha nova de última xeneración.