Regresa a Escola Feminista para a Mocidade, con oito obradoiros de formación, encontro e reflexión colectiva

Pontevedra
19 de outubro 2022

A programación do departamento de Xuventude encara cinco meses de actividades con Pisando Forte e a Escola Feminista para a Mocidade, pensados para persoas de entre 15 e 35 anos. Todas as actividades teñen xa aberto o prazo para solicitude de prazas, que se prolongarán ata o mes de marzo

Alberto Oubiña presenta Pisando Forte e Escola Feminista para a Mocidade Concello de Pontevedra

A programación do departamento municipal de Xuventude encara cinco meses de nova programación con dous dos seus programas máis exitosos, Pisando Forte e Escola Feminista para a Mocidade, pensados para persoas de entre 15 e 35 anos.

Todas as actividades teñen xa aberto o prazo para solicitude de prazas, que se prolongarán ata o mes de marzo. Toda a información pode consultarse a través das ligazóns www.apuntante.pontevedra.gal e www.xuventude.pontevedra.gal.

Teñen prioridade as persoas empadroadas en Pontevedra e a mocidade menor de 35 anos, pero no caso de quedar prazas baleiras, podería ampliarse este rango de idade e tamén se poderá abrir a persoas de fóra de Pontevedra. Ademais, en todas as accións formativas reservaranse 2 prazas para persoas con discapacidade.

O concelleiro de Xuventude, Alberto Oubiña, presentou este mércores os dous programas, que teñen un orzamento total de 18.500 euros, sendo a maior cantidade, 10.500, para Pisando Forte e 8.000 euros para a Escola Feminista da Mocidade.

Pisando Forte e un programa formativo que busca fomentar a empregabilidade e tamén a autonomía e desenvolvemento persoal da xente moza e a Escola Feminista para a Mocidade procura ser un espazo activo de formación, encontro e reflexión colectiva con perspectiva feminista. 

Á hora de deseñar a programación de cada un destes proxectos, desde o Concello procuran estar "pegados á realidade". 

Todos os cursos vanse impartir na Casa Azul, o Local de Ensaio, o Pazo da Cultura e un deles tamén na academia ARA

Pisando Forte inclúe oito cursos :

  • Curso de manipulación de alimentos e normativa de alerxias e intolerancias (en liña e presencial) 
  • Obradoiro Maldita.es: para que non cha Coen. Distingue a información fiable
  • Baño de Bosque (Shirin Yoku)
  • Curso de Produción Musical
  • Obradoiro de emprendemento
  • Obradoiro Maldita.es: Ciberseguridade, saúde dixital e erradicación do odio na rede 
  • Obradoiro de saúde e conciencia social
  • Obradoiro de Teatro-Improvisación para a procura de emprego

 

A Escola Feminista para a Mocidade inclúe outros oito cursos

  • Club Bordadoras feministas: Obradoiro ‘Construíndonos en tea’
  • Círculo de Empatía
  • Interseccionalidade e teatro da oprimida. Privilexios dunha muller branca
  • Sexo, poder e parella
  • Club Bordadoras feministas: Obradoiro ‘Borda o teu manto 8M’
  • Como axudo? Modos de acompañar as afectadas polas violencias machistas 
  • Agresións sexuais. Conversas entre iguais
  • Racha co teu macho