Benestar Social destinará case 7.000 euros para a adquisición de material de traballo necesario para o funcionamento cotián da Unidade de Atención ás Drogodependencias de Pontevedra.
O contrato foi adxudicado á empresa de distribución de artigos médicos Emasa e traducirase no subministro de 58 rolos de 60 metros de papel para padiola de dobre capa, 48 bobinas de papel secamáns mecha e 45 vasos brancos de 100 mililitros.
Ademais, adquiriranse 40 caixas de luvas de látex con po TM e 20 con po TP, de 100 unidades cada unha; 16 frascos de urina de 60 mililitros e 9 de 100 mililitros; 7 puntas de pipeta eppendorf e 4 dispensadores de xabón de mans dermo de 750 mililitros.
A edil Paloma Castro destaca que é un subministro de material básico para o funcionamento dunha unidade que, á marxe da situación de alarma motivada pola COVID-19, xa adopta moitas precaucións sanitarias de xeito habitual.