Reformas "estéticas", primeiro paso para mellorar o centro histórico de Combarro

Poio
06 de novembro 2022

Dentro das actuacións, prevén a instalación de luminarias LED, que "ofrecen un mellor servizo a un custe moito máis reducido", segundo a edil Marga Caldas. Tamén retirarán de plástico as baixantes e de cableado en diferentes puntos do casco histórico

Marga Caldas e os técnicos revisan o casco histórico de Combarro Concello de Poio

O Concello de Poio investirá preto de50.000 euros para efectuar unha serie de "melloras da estética e reforzar o respecto pola contorna" do casco histórico de Combarro.

A concelleira de Patrimonio, a nacionalista Marga Caldas, anunciou que as actuacións se levarán a cabo de xeito "inminente" a través do programa da área de rehabilitación integral (ARI).

Dentro das actuacións, prevén a instalación de luminarias LED, que "ofrecen un mellor servizo a un custe moito máis reducido", tal e como apuntou Caldas. Tamén retirarán de plástico as baixantes e de cableado en diferentes puntos do casco histórico.

As medidas levaranse a cabo tras o estudo previoonde se incluíu a revisión por parte dos técnicos ao casco antigo de Combarro, baixo a supervisión da propia concelleira, que indicou que "estas actuacións son moi necesarias para poñer en valor e coidar un dos nosos valores máis grandes, como é este casco histórico".

Tamén lembrou que desde a oficina do ARI están a traballar na tramitación necesaria para axilizar as solicitudes de reparación e reformas nos inmobles privados que forman parte do núcleo de Combarro.

Neste senso, o Concello animan á cidadanía a poñerse en contacto para as dudas e recorda que este luns, 7 de novembro, pecha o prazo para a solicitude de axudas impulsadas a través do plan da mellora da accesibilidade e nas vivendas, dentro do Plan Estatal para Acceso a la Vivienda 2022-2025, con carácter plurianual.

Por outra banda, Marga Caldas lembrou que no pasado mes de outubro celebrouse un pleno extraordinario no que se acordou a aprobación da declaración de contorno residencial de rehabilitación programa de Combarro, unha proposta que contou co voto a favor de todos os grupos da corporación municipal.

"Estamos en disposición de acceder a axudas de fondos europeos, que se reparten a través do Goberno estatal, e que se investirán na rehabilitación de vivendas privadas" explicou Caldas. A contía á que pode acceder Poio supera os 300.000 euros.