Un novo recoñecemento para o "extraordinario traballo" de persoas e colectivos da provincia pola igualdade

Pontevedra
22 de novembro 2024

Poio Futbol Sala, IES Illa de Ons de Bueu, Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo, Entre Bambalinas de Moaña e CIM da Guarda reciben o premio Boas Prácticas en igualdade

Distinguidas dos primeiros premios "Boas Prácticas en Igualdade" Deputación de Pontevedra

Poio Futbol Sala, IES Illa de Ons de Bueu, Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo, Entre Bambalinas de Moaña, CIM da Guarda e, a título póstimo, Carmen Lago Fernández.

Acaban de converterse nas primeiras persoas e entidades recoñecidas co novo recoñecemento do traballo da igualdade que estrea Pontevedra. 

Trátase da primeira edición dos premios 'Boas Prácticas en Igualdade' concedidos pola Deputación de Pontevedra, que se entregaron este xoves no Pazo Provincial.

O presidente da Deputación, Luis López, contextualiza estes premios nun proxecto "transversal" para acadar a igualdade "plena e real" entre mulleres e homes.

Durante a entrega, destacou que estes premios demostran que "a loita pola igualdade non reside en ningún despacho, non é exclusiva de ningunha área nin é propiedade de ningunha persoa".

Con estes premios búscase enxalzar o "extraordinario traballo" de persoas e colectivos da nosa provincia pola igualdade. 

A gala serviu para render unha sentida homenaxe ás dúas mulleres vítimas da violencia de xénero que foron asasinadas este ano na provincia.

"Hai demasiados días que xustifican este 25N", sinalou o presidente provincial. Son "os días nos que coñecemos o asasinato de Fadoua ou, máis recentemente, o de Estela, que sentimos moito nesta casa".

Desde a institución chaman a manter a loita pola igualdade os 365 días do ano. "Despois dun 25N ten que haber un 26N, un 27N... e así todos os días", piden.