Aquelas persoas que conten con algunha información que axude a localizar a maquinaria roubada na fábrica de Alfageme en Vilaxoán durante a Semana Santa poderán recibir unha recompensa de 6.000 euros.
A maquinaria foi adquirida durante o período de liquidación da empresa pola firma de Murcia Tomás Guillén S.L., pero non procederon ao seu traslado no momento da compra, senón que contrataron un vixilante de seguridade ata que puidesen facer a mudanza.
Antes de que chegase o esperado traslado da maquinaria, aproveitando os días festivos de Semana Santa, alguén accedeu ao interior da factoría e levouse parte da maquinaria, pezas de grandes dimensións valoradas en máis de 400.000 euros.
A empresa presentou a correspondente denuncia ante a Comisaría da Policía Nacional, pero as investigacións policiais non deron os seus froitos, de modo que decidiron poñer un anuncio no xornal Diario de Arousasinalando que ofrecen unha recompensa a quen achegue datos que axuden á localizacion.
Segundo transcendeu este mércores, o anuncio fixo efecto e xa recibiron varias chamadas que agora haberá que analizar e investigar para determinar se a información facilitada achega datos fiables.