O subcomité clínico que asesora á Xunta nesta situación de crise sanitaria pola pandemia polo novo coronavirus acordou unha serie de recomendacións de cara ao desenvolvemento dunhas festas de Nadal con sentidiño no ámbito social.
A primeira é o uso da máscara. Hai que levala sempre posta e ben colocada e quitala só no momento de comer e beber. Tamén cambiala coa frecuencia axeitada e cando se deteriora.
A segunda recomendación é manter a distancia. Na medida do posible hai que procurar manter a distancia de seguridade recomendada, organizar adecuadamente o espazo dispoñible.
Ventilar os espazos interiores. É fundamental aplicar medidas de correcta ventilación nos espazos pechados onde van a ter lugar as reunións.
Outra recomendación é a hixiene. Non hai que esquecerse do lavado de mans e da etiqueta respiratoria, isto é, as normas correctas ao tusir ou esbirrar.
Además, hai que ter especial coidado coas persoas vulnerables da nosa contorna.
Agrupacións limitadas: aconséllase que as celebracións se limiten a un máximo de dúas unidades de convivencia, entendo por unidade de convivencia as persoas que conviven habitualmente no mesmo domicilio. E que sexan agrupacións constantes: debe manterse o mesmo núcleo social ou familiar durante todas as festas limitando as visitas a múltiples domicilios.
Nos centros sociosanitarios as persoas residentes que saian durante estas festas, deben realizar á volta unha proba diagnóstica cando a saída dure mais de 24 horas no caso de non estar vacinadas ou se a saída dura máis de 48 horas no caso de estar vacinadas.
É importante controlar os síntomas durante as 48-72 horas tras o regreso aos centros. As familias deben comunicar con urxencia a aparición de casos positivos no núcleo onde estiveron estas persoas fóra da residencia. Aos profesionais que traballan nestes centros se lle realizará semanalmente un cribado con PCR en saliva, intercalando con test de antíxenos.
Por suposto recoméndase completar ou iniciar a pauta de vacinación.
A forma óptima de previr a transmisión é usar unha combinación de todas as medidas preventivas.