Reclaman á Xunta la limpeza dos ríos antes da tempada de choiva

Pontevedra
18 de setembro 2019

O secretario xeral provincial do PSdeG-PSOE, David Regades, denuncia a política propagandística do organismo Augas de Galicia na limpeza dos ríos e a falta de planificación para previr inundacións nos tramos máis sensibles coa chegada do outono e o inverno

Limpeza simultánea dos ríos Adega

O secretario xeral provincial do PSdeG-PSOE, David Regades, denuncia a política propagandística do organismo Augas de Galicia na limpeza dos ríos e a falta de planificación para previr inundacións nos tramos máis sensibles coa chegada do outono e o inverno.

Segundo os datos publicados pola Entidade Pública Empresarial Augas de Galicia, este ano só realizáronse 20 actuacións de limpeza en 36 tramos interurbanos de ríos e regatos, a maior parte en tramos moi pequenos. Trátase de "unha porcentaxe ridícula", destaca o socialista, "non chega nin a un 0,1%" tendo en conta que en Galicia hai uns 15.000 quilómetros de rede fluvial e non se priorizaron os tramos declarados como Áreas de Risco Potencial Significativo de Inundación.

Así mesmo, Regades critica as actuacións da Xunta este ano "que parecen máis guiadas pola cor política dos concellos que outra cousa" e que o único paso significativo que deron foi "desfacerse de 300 quilómetros de rede fluvial" alegando que se trata de tramos urbanos.

Por último, o secretario lamenta a falta de dotación económica aos concellos para limpar as franxas forestais, limpar os ríos ou asumir o sanemiento. 

É por iso, que ante esta situación, os socialistas esixirán a través de mocións nos concellos da provincia que Augas de Galicia elabore e publique con suficiente antelación unha programación transparente coas actuacións de limpeza fluvial que se vaian a realizar ao longo do ano. Ademais, reclamarán que se redobren os esforzos preventivos nos ríos e que se estableza unha linea de axudas para que os concellos poidan acometer a limpeza dos tramos urbanos.