O PP de Poio ven de presentar este martes unha moción instando a construción dun parque infantil na parroquia de Samieira.
Os populares sinalan que a única estrutura de xogos infantís coa que contan é o parque de Arén que resulta insuficiente en relación á poboación e a extensión da zona.
Na parroquia existe outro parque que non é de titularidade municipal e que precisa a colocación dos aparatos para facer deporte que se atopa no chan, ademáis de ter un dos seus bancos caído.
O documento inclúe tamén a proposta de que se consulte aos residentes as súas preferencias para a ubicación do parque, "tomando en consideración os criterios espaciais e económicos de eficiencia que correspondan". Os populares recalcan que é importante que a veciñanza sexa partícipe das decisións que se toman respecto ás actuacións a desenvolver polo Concello.
A poñente da moción, a concelleira Rocío Cochón, mostrouse esperanzada de que o resto de partidos apoien a proposta cando se leve ao Pleno da Corporación, "e se salde así unha débeda histórica cos nenos e nenas de Samieira".