Rap, breakdance e unha festa 'holi' en Barro para despedir o mes de agosto

Barro
28 de agosto 2024

As actividades de 'Xoves ao Clareo' chegarán ao seu fin o domingo 1 de setembro en San Antoniño cunha Festa Holi con DJ garantindo música, colorido e bo ambiente

Festa Holi en Poio

O mes de agosto despídese en Barro con actividades pensadas para a mocidade e o público en xeral.

O Pazo da Crega, en San Antoniño, será o epicentro das propostas empezando por unha xornada de cultura urbana no marco do programa #FalaRedes de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

De 20.00 a 23.00 horas, este xoves 29 de agosto levaranse a cabo obradoiros de breakdance, rap e tamén de stencil, técnica para estampar camisetas.

A esta actividade sumarase o domingo 1 de setembro a traca final de 'Xoves ao Clareo', que propón unha Festa Holi con DJ.

Colorido, música e sobre todo bo ambiente están garantidos para unha xornada á que piden acudir con lentes de protección e ganas de pasalo ben. Celebrarase a partir das 21.00 horas tamén no Pazo da Crega, sendo posible reservar praza na oficina da OMIX de Barro, no teléfono 690722812 ou presencialmente 15 minutos antes do evento.