Rajoy felicita o Nadal á Brilat en Afganistán

Pontevedra
24 de decembro 2014

O presidente felicitou as festas dende Moncloa a través de video conferencia a todas as tropas despregadas en misións no exterior e na pantalla que se mostrou aos medios podía distinguirse os militares de Afganistán, onde a Brilat mantén uns 280 efectivos

Conexión de Mariano Rajoy coas tropas españolas despregados no exterior
Conexión de Mariano Rajoy coas tropas españolas despregados no exterior

As tropas da Brigada de Infantaría Lixeira (Brilat) desprazadas dende principios de decembro en Afganistán recibiron este mércores unha felicitación do Nadal moi especial, a do presidente do Goberno, o pontevedrés Mariano Rajoy.

A diferenza do acontecido nos dous anos anteriores, cando Rajoy felicitou as festas ás tropas españolas despregadas no exterior dende a Escola Naval Militar de Marín, este ano o presidente conectouse por videoconferencia cos militares dende o Palacio de La Moncloa. E é que este ano o mandatario non pasará o Nadal en Pontevedra, senón que quedou con toda a súa familia na súa residencia oficial madrileña.

Rajoy felicitou as festas a través de video conferencia a todas as tropas despregadas en misións no exterior e na pantalla que se mostrou aos medios podía distinguirse os militares de Afganistán, onde a Brilat mantén uns 280 efectivos.

No seu discurso, o presidente fixo unha especial mención á transformación da misión de Afganistán, que a Brilat asumirá nos próximos días na base de Herat e na que en 2015 se aplicarán  "nuevos modelos de compromiso con la seguridad".

A tradicional conexión do Nadal serviu para que destacase que "España es una gran nación y lo es sin duda en parte por la entrega y vocación de sus militares"  e insistise na súa contribución "esencial" para que España ocupe un asento no Consello de Seguridade de Nacións Unidas en 2015 e estea considerado como un aliado "fiable" pola OTAN e a Unión Europea.