Rajoy asegura que apoiar a Feijóo será "votar por la unidad de los españoles"

Pontevedra
06 de outubro 2012

O presidente del Goberno e líder do PP, Mariano Rajoy, reivindicou en Pontevedra "la unidad" dos españois para sair todos xuntos da crise e explicou que nos comicios galegos do vindeiro 21 de outubro votar polo candidato do seu partido, Alberto Núñez Feijóo, é "votar por la unidad de todos los españoles".

O presidente do Goberno e líder do PP, Mariano Rajoy, arropado por 12.000 persoas nun mitin en Pontevedra PontevedraViva

O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, comprometeuse a "seguir diciendo la verdad a todos los españoles".

Nun mitin celebrado na Praza de touros de Pontevedra, Rajoy aplaudiu ao candidato do PP á Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, poñéndoo como exemplo por situar a Galicia á cabeza de España na saída da crise. Ademais, subliñou que ao PP tocoulle gobernar no peor momento.

O presidente do Goberno, mostrouse moi relaxado na súa terra, arroupado por 12.000 invitados incondicionales que abarrotaron a praza.

Portas afóra, un reducido grupo de afectados polas preferentes, unha trintena, intentaron facerse oir no coso de San Roque, pero o cordón de seguridade mantívoos afastados. No interior da praza, houbo un par de intentos de protesta contra Rajoy que foron expulsados do recinto por policías de paisano e silenciados pola multitude.

O momento máis aplaudido no discurso de Rajoy chegou tras recoñecer que tivo que tomar decisións "moi difíciles, moi duras, nada agradables", engadindo o presidente do Goberno "si las tomé fue porque creo que es lo que necesita Galicia y España entera".

"O PP siempre está para los momentos difíciles. Asumimos el reto", proclamou o xefe do Executivo entre aplausos. Neste punto situou a Feijóo como "el primero en tomar las decisiones que había que tomar, y si outros hiciesen lo mismo no estaríamos en la situación en la que estamos".

O presidente do Goberno, situou a Feijóo coma exemplo tamén frente a gobernantes doutras autonomías que, coma Cataluña, tiveron que pedir axuda do Estado, e proclamou que apoiarle nas urnas será "votar por la unidad de los españoles".

Finalmente Feijóo prometeu que en catro anos volverá á praza de touros de Pontevedra para celebrar a recuperación económica de Galicia.

Arquivado en