Rafael Louzán: "En moi pouco tempo o polígono de Barro-Meis estará totalmente ocupado"

Pontevedra
03 de outubro 2014

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, anunciou que nos próximos días unha grande empresa pontevedresa formalizará a compra dunha gran superficie neste polígono empresarial. Fontes sindicais aseguran que esta empresa é o Grupo Froiz

Polígono empresarial de Barro Meis

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, anunciou que nos próximos días unha grande empresa pontevedresa formalizará a compra dunha gran superficie no polígono empresarial de Barro Meis. O acordo está pendente de peche.

"O acordo vai en boa dirección e posiblemente nos próximos días estaremos falando de máis empresas", dixo o presidente provincial, "isto indicanos que a situación, de xeito leve, pero vai mellorando", engadiu.

Fontes sindicais consultadas por PontevedraVivaaseguraron que esa grande empresa é o Grupo Froiz que solucionaría con esta operación as limitacións que padece o seu centro loxístico de Lourido.

Ante o estancamento do proxecto do polígono de Fragamoreira en Poio o polígono de Barro-Meis formúlase como unha alternativa solvente e de garantías para solucionar os novos retos que afronta o Grupo Froiz tras a compra de Supermercados Moldes.

VIVEIRO DE EMPRESAS

A Deputación de Pontevedra adxudicou a construción do Viveiro de Empresas de Lalín á empresa Copcisa en 467.740 euros. A adxudicación do viveiro que se situará no polígono de Barro-Meis, pola súa banda, foi adxudicada provisionalmente pero a ratificación definitiva do acordo está pendente de que a empresa xustifique a baixa temeraria da oferta que presentou e que, provisionalmente, resultou gañadora do concurso.

A construción dos dous Viveiros son froito dun convenio subscrito entre a Deputación e a Fundación Incyde e supoñerán un investimento de 2,5 millóns de euros.