Rafa Domínguez ve "lamentables" as condicións nas que se atopa o servizo da unidade de drogodependencias

Pontevedra
20 de febreiro 2023

O presidente do Partido Popular, Rafa Domínguez, visitou a semana pasada as instalacións da Unidade Asistencial de Drogodependencias de Pontevedra para comprobar de primeira man os problemas manifestados polos seus traballadores

Rafa Domínguez e Pepa Pardo presentando os problemas dos traballadores da UAD
Rafa Domínguez e Pepa Pardo presentando os problemas dos traballadores da UAD

O presidente do Partido Popular, Rafa Domínguez, visitou a semana pasada as instalacións da Unidade Asistencial de Drogodependencias de Pontevedra para comprobar de primeira man os problemas manifestados polos seus traballadores. Xunto á concelleira Pepa Pardo, presentou na mañá deste luns os datos recollidos na súa visita ao centro. 

Rafa Domínguez insistiu en que a UAD é unha parte fundamental da sanidade pública, xestionada polo Concello de Pontevedra en convenio coa Xunta de Galicia. Esta unidade dá asistencia a un total de trece concellos atendendo a un total de 5.000 persoas, sendo un 50% da cidade de Pontevedra

Tal e como explica Domínguez, "las condiciones físicas en las que está el servicio son lamentables". Entre os problemas denunciados destacan as condicións dos asentos, a neveira, ou os baños, lugar no que moitas veces os pacientes ten que facer análises de ouriños. 

"Problemas con roedores, problemas de frío y ausencia de calefacción son otros de los problemas que están allí", afirmaba o presidente local do Partido Popular.  Á marxe dos problemas físicos trasladados, unha das maiores preocupacións expostas polos traballadores son as condicións nas que teñen que traballar

Os datos recollidos polo PP amosan que nos últimos anos desapareceron unha praza de médico, unha praza de psiquiatra, unha praza de psicólogo, unha praza de traballador social, a praza de educador de familia, unha praza de auxiliar de clínica e unha praza de auxiliar administrativo. "Todas estas plazas fueron desapareciendo en base a las jubilaciones", explicaba Domínguez. 

Na próxima relación de postos de traballo anunciada polo Concello de Pontevedra van extinguir máis postos como o xefe de xestión de psiquiatría, unha auxiliar de clínica ou un educador familiar entre outros, segundo indican desde o Partido Popular. 

O inconveniente da desaparición destes postos de traballo é a falta de auxiliar administrativo, que obriga a que pacientes doutros concellos teñan que desprazarse a Pontevedra para pedir unha cita ao non haber servizo telefónico, tal e como afirma o presidente local do PP.

"Ahora mismo están trabajando únicamente un médico, un psiquiatra, un psicólogo, un auxiliar de clínica y un diplomado en enfermería para dar asistencia a 5.000 pacientes", apuntaba Rafa Domínguez, que engadía que  "no es aceptable que Lores se vaya a manifestaciones en favor de la sanidad pública y cuando él tiene que gestionar un área de esta sanidad, lo haga eliminando plazas de médicos y personal administrativo".

"Le pido a la presidenta del BNG, Ana Pontón, que se desplace a Pontevedra para ver cómo su partido gestiona su área de sanidad pública", concluía Domínguez, que terminaba a súa intervención esixindo ao alcalde de Pontevedra que vaia a visitar as instalacións da UAD.