Rafa Domínguez: "Es un resultado para estar moderadamente satisfechos"

Pontevedra
27 de maio 2019

O candidato do Partido Popular entrou e saíu da sala de prensa vitoreado polas persoas que o acompañaban na lista e afiliados que se achegaron ata a sede popular. Domínguez manifestou que están moi contentos polos nove concelleiros obtidos cando as enquisas, hai tres meses, a penas lles daban seis

Rafa Domínguez avalía os resultados electorais na sede do Partido Popular Diego Torrado

Cun corredor formado polos integrantes da candidatura popular, Rafa Domínguez entraba na sala de prensa candom con máis do 96% do escrutinio, estaban practicamente garantidos os nove concelleiros do PP na próxima corporación municipal.

Ao berro de "Imos Rafa" e con aplausos, o candidato popular á alcaldía sentaba ante os micrófonos acompañado pola número 2  Pepa Pardo e tras eles, de pé, os outros sete concelleiros elixidos nestes comicios municipais.

Rafa Domínguez indicou que, minutos antes, chamara a Miguel Anxo Fernández Lores, Anabel Gulías e Raimundo González para felicitarlles pola vitoria nestas eleccións. "Un alcalde que leva tanto tempo, sacar este resultado é importante", apuntou. A continuación quixo agradecer tamén o traballo realizado polos interventores, apoderados e simpatizantes durante esta xornada e durante a campaña. 

O número uno dos populares afirmou que nun contexto moi complicado para o Partido Popular a nivel nacional e autonómico lograran un resultado para estar "moderadamente satisfeitos" e asegurou que os 12.440 votos que finalmente obtiveron é un "espaldarazo muy importante" para a súa agrupación. 

Neste sentido, Rafa Domínguez recoñecía que fai tres meses as enquisas apenas lles daban catro ou cinco concelleiros e que, grazas a un traballo contrarreloxo que lles deixou extenuados, conseguiron mellorar notablemente.

"Estamos moi contentos", concluíu, para a continuación volver saír  vitoreado polos seus compañeiros de partido da sala de prensa con aplausos e un sonoro "Arriba, Rafa", seguido por varios "bravos". 

Arquivado en