O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, acompañado polo concelleiro Pablo Fernández, recibiu aos senadores populares Pilar Rojo e Pedro Rollán que forman parte da Comisión de Transportes para presentarlles varias das súas liñas de acción se é que consegue a Alcaldía da capital.
"Debemos empezar a explicar qué queremos hacer en los próximos años", destacou o candidato popular.
Segundo comentou, a súa primeira medida, "y obrigatoria", é dar inicio á redacción dun novo Plan Xeral de Ordenación Urbana e tamén "la generación de al menos 400.000 metros cuadrados de espacios verdes nuevos".
En segundo lugar, Domínguez aposta pola creación de aparcamentos disuasorios e o terceiro punto sería o iniciar os trámites para creación de carrís bicis.
A cuarta medida sería "la reordenación y ampliación los servicios de transporte público de autobuses" e asegura que tamén ampliaría o tempo de aparcamento na cidade.
Outras medidas serían iniciar "el estudio de tráfico más grande y ambicioso de los que se han realizado en nuestra ciudad" e a reapertura da avenida de Raíña Vitoria.