Rafa Domínguez comprométese a buscar unha nova localización para a Policía Local

Pontevedra
15 de abril 2023

O candidato á alcaldía do PP de Pontevedra, Rafa Domínguez, recoñeceu a necesidade de atopar un espazo alternativo á actual sede do corpo municipal co obxectivo de mellorar as condicións dos axentes e a seguridade cidadá

Visita de Rafa Domínguez ás dependencias da Policía Local Partido Popular de Pontevedra

O candidato do Partido Popular á alcaldía de Pontevedra, Rafa Domínguez, e a súa compañeira Pepa Pardo, realizaron unha visita á sede da Policía Local para coñecer de primeira man as reivindicacións dos axentes municipais.

Acompañados polo xefe da Policía Local e representantes sindicais, os populares mantiveron diversas reunións cos profesionais, asegurando constatar a falta de espazo, equipamento e material á que se enfrontan no seu día a día.

Por ese motivo Domínguez comprometeuse a traballar para atopar unha alternativa á actual sede policial que permita mellorar as condicións de traballo dos axentes e garantir a seguridade dos cidadáns.

Ademais sinalou a importancia de buscar unha solución á sobrecarga laboral que, asegura, soporta o corpo de seguridade municipal.