RADIO.- Venda ilegal de tabaco: "Se ha pasado del rubio de batea a la picadura de internet"

Pontevedra
08 de abril 2021

Mentres que o consumo de cigarros descendeu nos últimos anos, o tabaco para lear experimenta un incremento e en porcentaxe considerablemente maior. Nesta tendencia hai ademais unha actividade ilegal que prexudica ao sector co que falamos en PontevedraViva Radio

Santiago Baleirón, presidente da Asociación de Expendedores de Tabacos e Timbres da Provincia de Pontevedra

Nesta última década a venda de cigarros elaborados baixou un 50% como sinala no podcast 'Cara a cara' o presidente da Asociación de Expendedores de Tabacos e Timbres da Provincia de Pontevedra, Santiago Baleirón. Pola contra o tabaco para lear "ha subido un 10.000%". É precísamente este último o que concentra un mercado ilegal que foi progresivamente aumentando e cuxo comercio se canaliza a través de internet.

"Nosotros fuimos los más perjudicados de España con el tabaco de contrabando. A día de hoy, no está erradicado totalmente, pero sí que el porcentaje es muy bajo gracias al trabajo de las Fuerzas de Seguridad. El problema actual es la picadura que se vende por internet. Sigue en manos de mafias que se han pasado a la picadura, por toneladas. Yo, como lo decía antes con el tabaco, me lo pensaría mucho antes de comprar algo que no tiene control sanitario. Comprar picadura por internet es no querer a la vida", advirte Baleirón en PontevedraViva Radio.

Falamos ademais da rendibilidade destes establecementos, que tiveron que "recomponer" os seus produtos á venda; da progresiva redución de estancos que se foi rexistrando; ou da posibilidade de que a finais deste ano ou comezos do 2022 prodúzase unha concesión de novas licenzas de apertura. 

Na provincia de Pontevedra o descenso de estancos que paulatinamente se produciu é comparable á tesitura nacional. O presidente da  Asociación sinala que a finais do século pasado había 730 estancos e agora quedan 355.