O educador canino Diego Álvarez trae a Podcans o ciclo estral das femias, isto é, o seu ciclo menstrual, que se prolonga durante catro fases: pro estro, estro ou tamén coñecido como celo, destro e anestro. Un ciclo que se repite dúas veces ao ano e que comeza entre os cinco meses e os once meses, dependendo do tamaño do animal.
Este ciclo estral conleva cambios hormonais, físicos e conductuales tanto cara ás persoas como cara aos cans machos. Cada unha das fases ten unha duración diferente e uns síntomas que se explican neste podcast de PontevedraViva Radio. Diego Álvarez tamén alude ao denominado embarazo psicolóxico que se produce durante a terceira fase do ciclo e ao momento que resulta máis idóneo para realizar unha esterilización.
Ademais no podcast recolle a suxerencia dunha seguidora de Podcans interesada en que se aborden dous temas concretos. Se queres expor tamén algunha cuestión ou dúbida podes enviar un correo electrónico a podcans@gmail.com.
Nesta ocasión a imaxe que acompaña ao programa é a de Tina, unha cadela dun ano aproximadamente, sen esterilizar, que ten boa socialización con persoas e outros cans; aínda que non se ha testado no caso de gatos. Quen estea interesado na súa adopción poden remitirse á Asociación Cadeliños. E felicitamos a Cadeliños xa que Fiz, o can que nun dos programas anteriores de Podcans, requiría adopción xa se conseguiu.