RADIO.- Os ERTES "serán necesarios como mínimo ata finais de ano"

Pontevedra
01 de xuño 2021

O podcast 'Mentres isto dure' atende esta semana á conxuntura económica actual, resultado da pandemia xerada pola covid-19. Charlamos en PontevedraViva Radio co presidente de Aempe e vicepresidente de Territoriais da CEP, José María  Corujo

José María Corujo, presidente de Aempe e vicepresidente de Territoriais na CEP Mónica Patxot

José María Corujo, presidente da Asociación de Empresarios de Pontevedra (Aempe) e vicepresidente de Territoriais da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), fala para 'Mentres isto dure' sobre a conxuntura ecónomica actual, consecuencia da pandemia xerada pola covid-19.

En relación á tesitura de empresas e autónomos na provincia, sinala que "non somos distintos, nin mellores que peores que outras zonas. É evidente que neste momento estamos pendentes de como responde o turismo e do proceso de vacinación", dous elementos que marcarán o curto prazo na recuperación económica.

Este portavoz afirma que a prórroga dos ertes que se acaba de aprobar era absolutamente necesaria "porque mesmo a data ata a que se prorrogaron, setembro, queda curta. Serán necesarios como mínimo ata finais de ano e aínda así teño dúbidas, se máis aló", engadía.

E mirando cara ao que está por vir, José María Corujo tamén se pronunciaba en PontevedraViva Radio sobre o plan de recuperación que este pasado maio o Goberno remitía a Bruxelas e que contempla unha considerable subida da presión fiscal con impostos ou incrementos sobre peaxes, sociedades, diésel, residuos, matriculacións, uso do aviión, cotizacións, empresas dixitais, patrimonios ou retirada de beneficios fiscais aos plans privados de pensións.