RADIO.- O podcast 'Cos 5 sentidos' chega ao final do seu percorrido polas prazas de Pontevedra

Pontevedra
18 de novembro 2023

Terceiro podcast dedicado ás prazas pontevedresas. PontevedraViva Radio continuará nos seguintes capítulos alén da ría

Completamos o percorrido polas prazas de Pontevedra 'Cos 5 sentidos' PontevedraViva

Neste terceiro capítulo de 'Cos 5 sentidos' completamos o percorrido proposto polas prazas desta capital. Empezamos bordeando a parte oeste da zona vella pontevedresa subindo por Arcebispo Malvar e isto significa percorrer o que na época medieval foi o límite amurallado da cidade. A primeira parada deste episodio é a Real Basílica de Santa María a Maior

Toca deterse nunha praza avenida, que concita múltiples elementos de atención. A seguinte parada é a praza con nome doutro literato, neste caso o poeta Curros Enríquez; aínda que co paso do tempo e desde as súas primeiras referencias foi acumulando diferentes denominacións.

O lugar final deste periplo é a gran praza pontevedresa: a Ferrería. É un emprazamento que serve de nexo con outras prazas: a Praza da Estrela, a Praza de Ourense e a Praza da Peregrina, parada obrigatoria para os peregrinos e turistas. Hai un elemento reiterado nestes tres podcast dedicados ás prazas pontevedresas; pero non hai spoiler, escoita e descúbreo.

O podcast completo está na ligazón adxunta e tamén para escoitar e descargar desde a web de PontevedraViva Radio. 'Cos 5 sentidos' é unha publicación divulgativa financiada polo Plan Social Ence (#enceplansocialpontevedra).