RADIO.- O podcast 'A min tamén me pasa' fala da sexualidade feminina

Pontevedra
31 de outubro 2022

O segundo podcast de 'A min tamén me pasa' de PontevedraViva Radio parte dun feito: a razón maioritaria de consultas por parte da muller é o baixo desexo sexual

Falamos de sexualidade feminina no podcast 'A min tamén me pasa' Roland Klampfer - Pixabay

Neste segundo podcast de 'A min tamén me pasa', o psicólogo sanitario e sexólogo con perspectiva de xénero, Carlos Márquez Barros, ponnos ante a sexualidade feminina. Partimos dun feito: a razón maioritaria de consultas por parte da muller é o baixo desexo sexual.

Un estudo analizado no seu traballo de fin de master (con datos correspondentes a 2007) sinala que o 68% da mulleres españolas senten insatisfeitas nas súas relacións sexuais e sobre o 40-50% sofre trastornos sexuais. Que causalidades provocan esas cifras?. Ademais das circunstancias actuais que rodean o día a día da muller, hai unha educación diferencial de xénero e unha devastadora construción sociocultural da sexualidade feminina.

Damos exemplos, algúns posiblemente coñecidos, como aquilo de que a menstruación seca enxertos, plantas ou froitos e tamén agría o mosto. No século XV considerábase que xacer cunha muller que tiña a menstruación intoxicaba, ou mesmo que as mulleres que chegaran á menopausa podían facer enfermar a un bebé se o miraban cando menstruaban. 'Es unha histérica' é unha frase que tiña orixe sexual.

Así que tras tanta lousa histórica, unha das pautas para aplicar é: "mellorar a vida sexual e a relación coa sexualidade, conleva a unha mellor calidade de vida", de forma que toca activar "a clave erótica". Como se fai iso ?, comezando por escoitar ou descargar este segundo programa de PontevedraViva Radio onde Carlos Márquez explícao.