RADIO.-Falamos de rap, freestyle e batallas de galos con Bastián Hermo que "espreme estímulo" con PontevedraViva Radio

Pontevedra
13 de outubro 2022

Bastián Hermo organiza a BHB que este sábado terá lugar en Marín. Tamén é xuíz en batallas de galos e como freestyler comparte afección ao rap co grupo pontevedrés MKP Crew. Acompáñanos para falar de todo isto en PontevedraViva Radio

Bastián Hermo, Basti, mostra su faceta de MCs, ou freestyler Mónica Patxot

Bastián Hermo vive actualmente a súa afección ao rap como organizador de eventos, xuíz en batallas de galos e tamén como freestyler (ou MCs), en solitario e xunto aos pontevedreses MKP Crew. Na primeira faceta esta próxima fin de semana encárgase da Best Hit Battles que acompañará a Gaming Fest no Concello de Marín. O freestyle é unha variante do rap, baseada na improvisación con temática (estímulo) ou non, acompañada dun ritmo sobre o que se rapea. A batalla degalos é un enfrontamento entre dous raperos no que mostran a súa habilidade na improvisación, replicando un a outro.

En Galicia o auxe comezou en 2019, podendo haber actualmente máis dunha decena de batallas cada fin de semana, dispersas pola Comunidade. Vivir do freestyle é case excepcional, unha ducia de persoas en España, aproximadamente, di o invitado do 'Cara a cara', aínda que haxa miles que o practiquen; máis de medio centenar no ámbito galego. 

A Urban Roosters organiza en España a liga master series, algo así como a primeira división do freestyle, á que se chega superando competicións puntuables que en Galicia xestionan Galos do Norte. "Conseguimos algo que hai anos era impensable, que haxa nomes galegos que soen a nivel nacional. En Pontevedra hai un rapaz chamado Tripo que conseguiu meterse na Red Bull". Falamos tamén da presenza feminina nestas batallas verbais e no rap.

Advirte no podcast de PontevedraViva Radio que a organización da BHB está pendente da meteoroloxía, no caso de que este sábado 15 chova, será no Multiusos de Marín e se non, como se anunciou, na Alameda, en ambos os casos ás 19.00 horas. Serán 32 participantes os que se midan nestas batallas cuxa asistencia como público é gratuíta.