RADIO.- Dr Slump ou Dragon Ball? Non respondas sen escoitar antes o podcast 'Boomer o último'

Pontevedra
31 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

Os máis boomer de PontevedraViva Radio renden homenaxe a Akira Toriyama, creador da serie de manga Dr Slump ou Dragon Ball

O manga faise con esta edición de 'Boomer o último' PontevedraViva

Akira Toriyama falecía o pasado un de marzo e desde 'Boomer o último' fan a súa particular homenaxe ao creador de varias sagas de personaxes con acento absolutamente boomer. Toriyama foi o creador da serie de manga Dr Slump e posteriormente de Dragon Ball, tamén coñecido neste país por Bóla de Dragón ou Son Goku. Jesús Fontanes e Marcial Outeda póñense diante do televisor - nada de pantallas plantas, canto máis profundidade de tubo mellor -, para lembrar tempos pasados, bocadillo en man (de que era o teu?), vendo o Xabarín Club.

Arale, Caca, Gatchan, Midori, Senbei Obokaman, Kon, Akane, Mame, Taro, Donbe, Kinoko, Ultraman... cal era o teu personaxe Slump?. E de Dragon Ball?, Vexeta, Nappa, Raditz, Gine, Son Gohan, Mr Satán, Dr Gero, Videl... É unha das preguntas que non aparecen no test ao que someten a un 'pro' do mundo Dragon Ball e ao que convidan a este podcast. Non falta por suposto a sección de 'O despezamento' na que botan o resto coas adaptacións que destes manga fixéronse para cinema. 

Podes escoitar esta edición de 'Boomer o último' na ligazón que se adxunta e tamén descargalo e escoitar todos os programas desde a web de PontevedraViva Radio. E avance para o próximo capítulo, a música e Pontevedra volveranse moi moi boomers.