RADIO.- Conversas na Ferrería: Un día traballando para a democracia

Pontevedra
30 de maio 2019

Ademais de estar chamados a votar, as convocatorias electorais tamén chaman aos cidadáns para participar como membros das mesas electorais. Charlamos con catro deles para que compartan en  PontevedraViva Radio como foron as súas experiencias na denominada 'festa da democracia'

Olga Fontán, Roberto Antón e Begoña Díaz nas Conversas na Ferrería Mónica Patxot

Tegra Gómez Piñeiro, Olga Fontán Álvarez, Begoña Díaz Rey e Roberto Antón Santiago son os invitados para esta ocasión nas Conversas na Ferrería. A todos eles un programa informático elixiunos para ser membros de mesas electorais. Non presentarse á convocatoria é un delito electoral que conleva penas de multa ou entre tres meses e un ano de prisión.

No caso de Tegra non chegou a integrar a mesa electoral o pasado domingo xa que a Xunta Electoral finalmente aceptou -tras presentar documentos acreditativos- as alegacións que presentara: situación relacionada coa lactación e ter ao coidado unha menor sendo familia monoparental. Son supostos que contempla a Lei Electoral, pero cuxa aceptación depende -segundo demostran as experiencias-, da laxitude con que as xuntas electorais p considerem.

Olga foi vogal na convocatoria de eleccións xerais do pasado abril; Begoña foi presidenta de mesa nas últimas autonómicas e Roberto acaba de participar, tamén como presidente de mesa, este 26 de maio.

Todos foron primeirizos nesas ocasións, aínda que lles consta de varias reiteracións nunha mesma persoa. Cóntannos en PontevedraViva Radio como se desenvolveron as súas respectivas xornadas electorais desde pouco antes das oito da mañá ata entrada a medianoite ou a madrugada nalgúns casos.

As súas funcións, no caso dos presidentes, non terminan unha vez concluído o escrutinio. Hai momentos para as anécdotas, propias, as que protagonizan algúns votantes e as que atopan durante o reconto dos votos. Por exemplo, como lles notificaron a súa participación, como se conformaron as mesas, os que votaron por primeira vez e fixéronse a foto de recordo, o 'arranxados' que acoden a de máis idade, algúns liscos de chourizo que aparecen dentro de sóbrelos, etc...