RADIO.- Conversas na Ferrería: Falando da lingua galega

Pontevedra
15 de decembro 2017

Tres filólogos de acreditada experiencia e currículo visitan o estudo de PontevedraViva Radio para charlar nas Conversas na Ferrería sobre a situación actual e o futuro da lingua galega

Francisco Freire, Vitoria Ogando e Anxo González nas Conversas de PontevedraViva Radio Mónica Patxot

Vitoria Ogando e Anxo González forman parte da primeira promoción licenciada en Filoloxía Galego-portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Ademais de profesores e escritores son os artífices da web ogalego.eu.

Tamén licenciado en Filoloxía Galega pola USC é Francisco Freire, actualmente profesor da Secretaría Xeral de Política Lingüística e vogal da Federación de Asociacións de Nais e Pais de Pontevedra (FANPA).

Con eles expomos o grao de uso desta lingua identitaria, que pasa coa utilización do galego en diferentes idades, se é unha lingua que está adaptada ao momento actual e conta con ferramentas nas novas tecnoloxías que fomenten o seu emprego.

Tamén expoñemos o contexto educativo, familiar, político, administrativo e cultural en relación á lingua galega.