RADIO.- Chamoute algún líder político coa súa propaganda electoral?

Pontevedra
07 de novembro 2019

Ata onde poden chegar as formacións políticas para transmitir a súa propaganda electoral?, que normativas protexen ao elector?, son algunhas preguntas que expomos en PontevedraViva Radio ao avogado Evaristo Estévez ante estratexias como mensaxes telefónicas aos electores

O avogado Evaristo Estévez en PontevedraViva Radio Cristina Saiz

Como no ámbito comercial, as formacións políticasagudizan enxeño para facer chegar as súas mensaxes aos consumidores/electores. As propostas tradicionais poden resultar ineficaces así que as novas tecnoloxías son unha ferramenta fundamental. Pero, ata onde poden chegar?, en que punto pódese considerar que hai unha invasión da privacidade ou un uso indebido dos datos persoais?

Expomos en PontevedraViva Radio este tipo de cuestións ao avogado Evaristo Estévez por mor de accións de campaña como as que está a levar Más País (e que xa usou con Máis Madrid) programando chamadas automáticas que deixan mensaxes nos contestadores telefónicos.

Como lembramos neste Cara a Cara hai un ano aprobábase a LOPDP (Lei Orgánica de Protección de Datos Persoais) na que os partidos políticos blindaron as súas posibilidades propagandísticas diferenciándose por exemplo, das comunicacións comerciais ou permitindo con fins electorais o acceso a datos que estean en fontes de acceso público, como poden ser as Páxinas Brancas.