O cartel de Ravachol está a ser máis noticia do que habitualmente conleva. A diatriba política ven de poñer en cuestionamiento o procedemento seguido para o deseño desta mensaxe festiva. Por ese motivo, fronte ao inicialmente previsto en PontevedraViva Radio, preguntamos a Kiko da Silva, ilustrador e autor deste cartel, por esta circunstancia.
Ademais de dar resposta ás acusacións que se realizaron desde o grupo municipal do PP; de reiterar a súa decisión de emprender accións xudiciais, tamén avanza no Cara a cara que "se isto fai que non teña que facer estes carteis, benvido sexa, non me importa. Porque eu estou aquí polo meu compromiso con este país, non polo diñeiro".
Queda pendente saber o segundo deseño que trae o entroido pontevedrés. O primeiro, como xa se puido ver desde fai unhas semamas parodia a actualidade e neste caso a obra de Cattelan: un plátano pegado á parede con cinta americana; que xa era unha crítica ao mundo da arte e que ademais se vendeu a un prezo desorbitado.
Esta edición, como xa se explicou, tivo un engadido solidario. Poxar o cartel e destinar os fondos á investigación contra o cancro. Así os 552 euros alcanzados e os 4.400 euros que lle corresponderían a Kiko da Silva por esta campaña, terán como beneficiario ao CIMUS, o Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da Universidade de Santiago.
Foi esta circunstancia política e a sinalización concreta a da Silva o que fixo que o espazo de coworking Planeta 29 queira saír do anonimato e facer público o seu apoio a un profesional autónomo de Pontevedra, como o son eles.