RADIO.- Benefactores sociais si, non, ou con condicións?

Pontevedra
23 de xuño 2017

Tres portavoces de colectivos sociais e un avogado participan nestas Conversas na Ferrería de PontevedraViva Radio para charlar ao redor das doazóns ou axudas económicas. Que reporta a quen recibe e a quen exerce de benefactor?, Quen decide se é unha administración quen recibe esa achega?, exércese un control de vontades?. Preguntas e opinións, entre outras, que se expoñen neste programa

Conversas na Ferrería de PontevedraViva Radio Mónica Patxot

Sentamos na mesa de PontevedraViva Radio a Pepa Vázquez do colectivo Boa Vida; José Luis Doval da Delegación en Pontevedra da Fundación Provincial Banco de Alimentos; José Manuel Fontenla, presidente de AFAPO, a Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer de Pontevedra; e David Seoane do despacho Batlle e Seoane avogados.

"Non se pode falar de rendibilidade, se non dun beneficio fiscal con matices", apunta David Seoane falando da parte doante "por tanto, nunca vai ser rendible desde o punto de vista empresarial". Cuéstionase entre os participantes as prioridades ou decisións sobre o destino de ben material ou cantidade económica doada, cando o perceptor é o Estado ou unha administración pública.

Tamén xorde nesta charla o panorama regulador do mecenado ou a existencia ou non dunha intencionalidade coas axudas ou doazóns. No ámbito máis próximo asistimos ás axudas que está a entregar Ence en Pontevedra e das que foron beneficiarios, dous dos colectivos presentes. Tanto Banco de Alimentos como AFAPO presentáronse á convocatoria e as súas propostas foron beneficiarias. José Manuel Fontela e José Luis Doval explica por que se presentaron e o seu criterio respecto diso, mentres que, como explica Pepa Vázquez, Boa Vida tamén o expuxo internamente pero decidiron non solicitala.