Desde o mes de xaneiro Ana Oncina está catalogada pola revista Forbes como un dos trece novos máis influentes de Europa. Esta alacantina que non alcanza os 30 anos dedícase á ilustración.
Hai tres anos editou a primeira publicación da súa parella máis famosa: "Croqueta y Empanadilla", un dos fenómenos do cómic español dos últimos tempos. Trece edicións despois saca ao mercado "Croqueta y Empanadilla 3" co que está de promoción por España. Recala en Pontevedra, case inexorablemente, dado que a súa editora Natalia Mosquera, é orihunda desta capital. Falamos con ellas neste Cara a cara de PontevedraViva Radio.
O da lista Forbes faille sentirse moi afortunada; aínda que o ránking no seu caso, non significa contas millonarias. A afección polo cómic arrástraa desde a infancia. Estudou Belas Artes en Valencia e terminando a súa formación académica, de forma fortuíta en Berlín, chegou esa parella que tantas alegrías profesionais está a reportarlle. Con sentido do humor, ilustra a vida cotiá dunha moza parella de hoxe en día.
Ademais de seguir relatando o devir de "Croqueta y Empanadilla", leva xa dous números editados da Revista Voltio contando co apoio e interese da Cúpula. Un proxecto no que tamén está inmerso o seu compañeiro Alex, outro ilustrador. Ana Oncina ten algún novo proxecto en mente, que poden dar un descanso a esta parella de papel. Estaremos atentos.