RADIO.-A playlist de María Carrera: "María, querémoste!"

Pontevedra
17 de febreiro 2018

É tempo de entroido e en Pontevedra un rostro e unha voz imprescindible é a da actriz e contacontos María Carreira. Ela conduce cada ano os concursos de murgas da capital, esta vez ademais condúcenos pola súa Playlist en PontevedraViva Radio

María Carrera xunto a Ravachol para A playlist de PontevedraViva Radio Mónica Patxot

Galicia e Andalucía mestúranse no seu adn. A guasa e a retranca conflúen en María Carreira Martínez, circunstancia que ben coñecen todos aqueles que cada ano vena conducir o concurso de murgas de Pontevedra. Nesta Playlist de PontevedraViva Radio coñecemos ademais á actriz, contacontos, deportista, e á gañadora de dous bombines nas Noites Sabineras, xunto á súa nai.

Os seus primerísimos anos trancurrieron en Ponteareas, municipio da súa familia paterna. Daquela a familia trasladouse a Pontevedra. Estudou Maxisterio e vinculouse á Gimnástica. No Estadio da Xuventude, de carambola, atopouse coa súa vocación profesional: a interpretación e xunto a Manuel Solla iniciouse como contacontos. Logo, xunto a Eva formaron Pekanekas

Nun momento complicado da súa profesión, o "María querémoste!" que lle dedicaron uns nenos de Gondomar, fixéronlle convencerse de que tiña que continuar por eses camiños. E aí continúa, agora buscando novas oportunidades en Madrid, onde de forma fortuíta, foi atopar co seu actual parella.

Devoradora de libros, gústalle manterse en forma e toca a guitarra española, a acústica e a eléctrica. Mentres se acostuma ao interior peninsular, amaina a morriña cun vídeo que se gravou do seu recuncho favorito da costa atlántica. Quizá non haxa que esperar outro ano para vela subida ao escenario, igual, puidese chegar antes como "A pirata Lola".

Arquivado en