Aínda que é 'choqueiro' de nacemento, Iván Pérez Berjano creceu e está arraigado a Lourizán. Monte e litoral que acabaron marcando e seguen trazando a súa traxectoria profesional. En Bacharelato creu que non "valía para estudar", así que o seu pai levoulle ao marisqueo. Durante esa primeira experiencia laboral cruzáronse os "temidos" capataces da infancia e retomou os estudos na Escola de Lourizán.
De Pontevedra baixouse ao sur, a Granada, a completar a súa formación e afastándose de Cristina, a muller á que tanto lle custou "conquistar" e quen hoxe, dez anos despois segue ao seu lado. Alí "fíxenme galego", - conta na Playlist -, isto é, coñeceu a esa señora chamada morriña. Catro anos despois regresou Graduado en Ciencias Ambientais e tratando de reencontrarse persoal e profesionalmente no seu lugar primixenio.
Ah! tamén se trouxo unha máxima, que conta en PontevedraViva Radio: pensar que podes cambiar o mundo. "Estou alimentado con ese combustible que espero sexa inesgotable porque creo que fai falta esa motivación e esas ganas". E así foi como se vinculou ás comunidades de montes. O seu proxecto estrela está adaptado ás tendencias actuais: Savia Nova, vídeos divulgativos a través dacanle Youtubeque conciencian sobre o coidado do monte.
Gústalle gozar da súa vocación profesional, como da vida; así que é bastante probable cruzarllo este verán en calquera festival.