Quen é o menor que agrediu a Rajoy?

Pontevedra
16 de decembro 2015
Actualizado: 17 de decembro

Trátase dun mozo de 17 anos identificado como membro da peña futbolística "Mocidade granate", integrada por afeccionados ao Pontevedra CF. O agresor do presidente reside nesta capital coa súa familia, moi coñecida na cidade

Un menor agride a Rajoy durante o seu paseo electoral en Pontevedra PontevedraViva

Quen é o menor que agrediu a Rajoy? Trátase dun mozo de 17 anos identificado como membro da peña futbolística "Mocidade granate", integrada por afeccionados ao Pontevedra CF. En todo caso, este colectivo condenou a agresión e desmárcase da actitude violenta deste menor.

O agresor do presidente reside nesta capital cos seus pais e irmáns, unha familia moi coñecida na cidade, vencellada coa Cámara de Comercio e unha coñecida xestoría e con relacións co PP, pero el tense desvencellado en numerosas ocasións deste partido, e no ano 2014 mesmo publicou en Twitter "voy a hacer un atentado en sede del PP".

Segundo fontes da familia, o mozo está a recibir tratamento psiquiatrico e o médico que o está a tratar tivo que acudir á Comisaría para prestar declaración ao respecto e atendelo. O rapaz levaría un tempo mal e, segundo algunhas informacións, antes da agresión deste mércores dixéralle aos seus amigos que tiña a intención de pegar ao presidente do Goberno. O xornal periódico El Mundo publica conversas de Whatsapp este sentido.

A familia do rapaz, moi afectada polo sucedido, agardaba preto da Comisaría para coñecer as novas do mozo, abandonando o lugar pasadas as nove e media.

Fontes do Partido Popular non dubidaron en sinalalo publicamente como un "independentista galego"pero chama a atención que no seu perfil de twitter comparte todo en castelán ou mesmo inglés e non en galego. Si se define como "antifeixista" e proclama unha "Galiza Ceive" e, polo contido das súas publicacións nas redes sociais, é de esquerdas e admirador de Fidel Castro ou a antiga Unión Soviética.

Tras ser detido, o menor foi trasladado á Comisaria Provincial, sita na rúa Joaquín Costa. onde lle acusaron do delito de atentado contra o presidente do Goberno.

Fontes consultadas porPontevedraVivaexplicaron que ao ser o arrestado menor de idade, será o fiscal de menores quen expoña o trámite para seguir contra el. Estas mesmas fontes sinalaron que o Código penal tipifica a agresión contra cargos públicos no artigo 550, coa agravante específica no seu apartado terceiro, ao terse cometido contra un membro do Goberno, correspondendo unha condena de entre 1 e 6 anos de prisión e multa de entre seis e doce meses.