Veciños da contorna da ponte da Barca reclaman a inmediata reparación desta infraestrutura. Denuncian a falta de iluminación nocturna e a inseguridade que leva atravesar este viaduto que une os municipios de Pontevedra e Poio. Este xoves, durante a noite, os veciños indicaban que non había luz para cruzar o río.
Sinalan que o estado da ponte é lamentable desde hai moito tempo e temen que se rexistren accidentes ou problemas de seguridade nesa zona transitada por numerosos veciños.
Recentemente xa se produciron incidentes nesta ponte. En setembro, o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, anunciaba que se reforzará a seguridade para os peóns nun proxecto que aínda non se atopa finalizado. Rueda indicou que contará cun importante investimento para mellorar toda a estrutura.