Queixas polo peche do servizo de Emerxencias de Sanxenxo durante o 24 e 31 de decembro

Sanxenxo
24 de decembro 2024
Actualizado: 16:58

Os traballadores do servizo protagonizaron este 24 de decembro unha acción de protesta ante o Concello, que argumenta a decisión como "unha cuestión de optimización dos recursos"

Trabajadores de Emerxencias Sanxenxo protestan polo peche do 24 e 31 de decembro CIG - CCOO

O servizo de Emerxencias Sanxenxo permanecerá pechado durante este martes 24 de decembro, Noiteboa, e tamén o día 31.

Esta situación motivou este martes unha protesta ante o Concello de traballadores do servizo.

Quéixanse de que "non é de recibo que deixen os cidadáns de Sanxenxo desprotexidos", asegurou Manuel García, representante sindical da CIG.

"A nós dános igual que non nos vaian a pagar, pero o que non é lóxico é que un servizo de emerxencias peche un día", afirma.

No fondo, sinala, está "un motivo económico" debido aos bonus que deberían cobrar os traballadores no caso de ter quenda ambos os dous días.

A protesta consistiu nun grupo de traballadores e representantes sindicais, situados ás portas da sede do goberno municipal coa intención de "informar os veciños" da situación.

Desde o Concello pola súa banda aseguran que se trata de "unha cuestión de optimización dos recursos", do mesmo xeito que sucede en ocasións con outras emerxencias locais que deben ser cubertas desde Sanxenxo.

Explican ademais que seguindo o protocolo de emerxencias avisouse ao parque de bombeiros de Ribadumia, que será o encargado de atender calquera incidencia que poida xurdir.