Queixas nos veciños de Loira polo estado de accesos e camiños da zona

Marín
23 de marzo 2014

Os veciños trasladan as súas queixas a representantes do grupo municipal do BNG, principalmente polo estado do vial principal, que entenden encóntrase invidadido "polo lixo e a area dende hai meses"

Praia de Loira BNG Marín

O mal estado no que entenden encóntrase a zona de Loira motivou as críticas dos veciños desta parroquia de Seixo.

Estas críticas, trasladadas a través do grupo municipal do BNG, céntranse na situación dos accesos a algunhas vivendas e o estado do vial principal "invadido polo lixo e a area dende hai meses", defenden, despois de soportar as inclemencias dos temporais durante o inverno.

As zonas máis afectadas son as entradas con moita pendente e escaleiras "invadidas de verdín", sinala a voceira nacionalista Pilar Blanco, "que os convirte nun tobogántobogán imposible de superar sobre todo por persoas maiores con problemas de mobilidade".

Os veciños esperan que coa chegada do bo tempo se poida poñer, canto antes, fin a esta situación.