"Queda na casa". A mensaxe nunca se repetirá o suficiente. As autoridades levan dicíndoo de forma incansable desde o inicio da emerxencia sanitaria do coronavirus e de forma máis insistente desde a activación do estado de alarma. Tamén o repiten os medios de comunicación, miles de cidadáns nas súas redes sociais e en Pontevedra, como en toda España, chegou ata as xanelas e balcóns.
Os autores adoitan ser os máis pequenos da casa, que deixan voar a súa imaxinación para animar a veciños e descoñecidos a cumprir as peticións de confinamento e distanciamento social, pero tamén hai adultos que se suman á iniciativa e á mensaxe de quedar na casa suman outras como ánimos para toda a poboación ou algúns máis persoais de amor para parellas, amigos ou familia.
Aquí hai unha mostra dalgún dos que decoran as rúas de Pontevedra.