Queda deserto o concurso por Alfageme ao entender o Igape que ningunha oferta "cumple los requisitos"

O Salnés
15 de novembro 2012

Así o desvelaron os sindicatos, que denuncian que a decisión deste organismo, aboca á poxa das fábricas e da maquinaria. Ante esta situación, CIG pediu a dimisión do conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, ao que acusa de "deixar marchar un proxecto industrial que xeraría 150 postos de traballo"

Nin El Consorcio, nin Coswinga nin a pontevedresa Pescamar. Ningunha das tres ofertas presentadas para a compra Alfageme "cumpre os requisitos". Por iso é polo que o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) declarou deserto o concurso para a adxudicación das fábricas que a conserveira ten en Ribadumia e Vilaxóan (Vilagarcía de Arousa) e da marca Miau.

Así o desvelaron os sindicatos, que denuncian que a decisión deste organismo, aboca á poxa das fábricas e da maquinaria. Ante esta situación, a secretaria de Alimentación da CIG, Rosa Abuín, pediu a dimisión do conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, "e dos alcaldes do PP da comarca", aos que acusa de "deixar marchar un proxecto industrial que xeraría 150 postos de traballo".

E é que logo de abonar os avais por case 33 millóns de euros que no seu día concedeu o bipartito a Alfageme, o Goberno galego abriu un proceso de recepción de ofertas por estas plantas e pola marca comercial, no que fixaba unha serie de requisitos, como o mantemento da actividade industrial ou a conservación de 150 postos de traballo durante cinco anos e de 100 durante unha década.

Terminado este prazo coa recepción de tres ofertas, as presentadas por El Consorcio, Pescamar e Coswinga, o Igape celebrou este xoves un consello extraordinario no que declarou "deserto" o concurso. Unha decisión que demostra, segundo Rosa Abuín, a "inutilidade total" dos responsables do Goberno galego e que non fai máis, dixo, que reiterar a intención desta central sindical de presentar unha demanda por "prevaricación" contra Guerra e o director do Igape, Javier Aguilera.

"Fraude consumada" para a CGT

"Si es necesario que vayan a la cárcel los responsables de esta decisión", di a CGT, aos que cualificou de "irresponsables" y "malhechores"

Neste sentido, o voceiro da CGT, Miguel Cuña, asegura que esta decisión "ha consumado el fraude que condena al paro a 150 trabajadoras". Tras subliñar que "esto no puede quedar así", reiterou que esixirán responsabilidades penais para que, "si es necesario vayan a la cárcel los responsables" desta decisión, aos que cualificoi de "irresponsables" e "malhechores".

"Ahora sí estamos convencidos de que han cometido un delito", asegurou Cuña, quen anunciou que presentarán presentar no Xulgado do Mercantil que executará o auto de liquidación da conserveira un escrito no que se recollan "todas las irregularidades que hemos observado" a lo largo del proceso", e que, ao seu xuízo, implican "comportamientos delictivos".

Ante esta decisión, as traballadoras de Alfageme mantiveron unha nova asemblea na que acordaron realizar novas movilizaciones. Ademais, CIG solicitará unha reunión cos administradores concursais para intentar que na poxa "intenten salvar o máximo posible de postos de traballo".

Arquivado en