Un home tivo que ser rescatado polos servizos de emerxencia tras sufrir un accidente de tráfico na N-640 e quedar atrapado dentro do coche, que acabou envorcado sobre unha leira.
O accidente produciuse sobre as sete e media da tarde deste domingo, segundo informou o 112 Galicia, no quilómetro 199+800 desta estrada nacional, ao seu paso por Troáns (Cuntis).
Os bombeiros do parque comarcal do Salnés foron os encargados de excarcerar ao condutor, que viaxaba só no momento do accidente.
Ao lugar tamén acudiron axentes da Garda Civil de Tráfico, efectivos de Protección Civil de Cuntis e persoal sanitario do 061, que atendeu á vítima das súas feridas.