Que podemos facer en Pontevedra na fase 1 de desescalada?

Pontevedra
09 de maio 2020

A partir deste luns 11 de maio a provincia de Pontevedra, do mesmo xeito que o resto de Galicia, entra na Fase 1 do proceso de  desescalada. Isto significa que se aliviarán as restricións aínda que os pontevedreses non poderán cambiar de provincia. Poderemos ir ver aos seres queridos, asistir a enterros e velorios, comprar sen cita previa, sentarnos nunha terraza ou ir á igrexa, entre outras medidas

Xente paseando Mónica Patxot

A partir deste luns 11 de maio a provincia de Pontevedra, do mesmo xeito que o resto de Galicia, entra na fase 1 do proceso de  desescalada. Isto significa que se aliviarán as restricións aínda que os pontevedreses non poderán cambiar de provincia.

Poderemos ir ver aos seres queridos, asistir a enterros e velorios, comprar sen cita previa, sentarnos nunha terraza ou ir á igrexa.

Franxas horarias só para paseos e deporte

  • De 6 a 10 e de 20 a 23 horas para persoas de 14 anos a 69 anos
  • De 12 a 19 horas para os nenos menores de 14, que poden ir en grupos de ata tres acompañados dun adulto
  • De 10 a 12 e de 19 a 20 horas para os maiores de 69.
  • Non hai limitacións horarias para ir ao supermercado ou comprar en calquera comercio

 

Non haberá restricións horarias para as parroquias de menos de cinco mil habitantes.

 

Reunións

  • Poderanse celebrar encontros de ata dez persoas (nenos ou adultos), tanto en domicilios como en terrazas, respectando as medidas de seguridade e hixiene. Este límite non se aplicará ás persoas que conviven. Exclúense persoas con síntomas e colectivos vulnerables.

 

Visitas a familiares

  • As visitas a familiares non conviventes realizaranse entre persoas sen ningunha patoloxía previa e que non sexan vulnerables. Con todo, estableceranse limitacións para maiores e xente con patoloxías, que poderán ir modificándose nas fases 2 e 3. As reunións poderán celebrarse tanto en casa como na rúa.

 

Vehículos

  • Os vehículos poderán ir cheos se van persoas que convivan xuntas no mesmo domicilio. No caso de que non sexa así terán que facelo como ata o de agora, dous por liña e con máscara.

 

Centros educativos

  • Abrirán os colexios, institutos e as universidades para a súa desinfección e a reactivación das xestións administrativas.

 

Velorios e enterros

  • O límite de asistencia aos velorios e enterramentos sobe a 15 persoas en espazos ao aire libre e a 10 en lugares pechados. 

 

Lugares de culto

  • Restrición de aforo. Permítese a asistencia ao templo sempre que non se supere un terzo do seu aforo e cúmpranse as medidas de distancia social.

 

Locais comerciais

  • Só poderían abrir aqueles que teñan menos de 400 metros cadrados. Sen cita previa. O aforo dos locais queda reducido ao 30 % aínda que respectando as medidas de distanciamento social. Deben manter un horario horario de atención preferente a maiores de 65 anos. Ademais, os comerciantes terán que  desinfectar dúas veces ao día o local.

 

Mercados e mercadiños ao aire libre

  • Os  concellos poderán reabrir mercados e mercadillos ao aire libre na vía pública, aínda que con restricións relativas ao distanciamento entre postos, dando preferencia aos produtos agroalimentarios. Limítase ao 25% o número de postos habituais e a afluencia máxima permitida será da terceira parte do aforo. A mercadoría non pode ser manipulada polos clientes. 

 

Terrazas

  • As terrazas reabrirán, limitándose ao 50 % das mesas que tiñan permitidas, que deberán estar dispostas gardando a distancia mínima de dous metros entre as mesas e os grupos de clientes non superarán as dez persoas. Ademais, haberá que  desinfectar as mesas entre un cliente e outro, e non se poderán utilizar cartas de uso común nin  servilleteros. Os aseos deberán limparse un mínimo de seis veces ao día.

 

Campo e praias

  • Poderase realizar turismo activo e de natureza en grupos limitados dentro da mesma provincia.

 

Hoteis

  • Abrirán sen a utilización de zonas comúns e con restricións en servizos como o de restauración, entre outras actividades.

 

Espectáculos e museos

  • Os actos culturais ao aire libre poderán desenvolverse con menos de 200 persoas, e en espazos pechados con menos de 30. Os museos poderán abrir cun terzo do aforo.

 

Ximnasios

  • Só se poderá acudir para actividade individual que non implique contacto físico nin uso de vestiarios, e con cita previa. Os centros de alto rendemento deportivo poderán abrir pero con menor ocupación e por quendas, o que incluirá os campos de golf.