Que medo! Pontevedra ábrelle ao 'Demo' as portas do inferno

Pontevedra
23 de agosto 2013

O Demo acudiu fiel á súa cita do 23 de agosto. Encarnado polo actor Xosé Manuel Esperante, este popular personaxe fixo diabruras e trasnadas no momento en que foi convocado nos Arcos de San Bartolomeu. Para os que non puideron acudir pola mañá, teñen unha oportunidade esta tarde, ás 20 horas. Observa o percorrido da comitiva dos seres do inferno polas rúas do centro histórico na nosa ampla galería de fotos

Festa do demo PontevedraViva

O Demo acudiu fiel a súa cita do 23 de agosto.

Encarnado polo actor Xosé Manuel Esperante, este popular personaxe fixo trasnadas e falcatruadas tan pronto coma foi convocado nos Arcos de San Bartolomeu. Acompañado pola compañía viguesa Troula, con músicos e axudantes, percorreu dende as doce e media as rúas e prazas do centro histórico.

Un diaño de cor vermella, con tridente, cornos e o rabo que intentou atrapar as almas dos nenos sen que estes lle arrinquen a cola entre estoupidos e música.

Ao igual que o Dominguiños nos comezos desta tradición, o Belcebú do 2013 meteuse cós rapaces, fixo escarnio das señoras, e marcouse uns pasiños de baile coas máis xeitosas.

"Os demos en Pontevedra xa temos medio traballo feito, porque o fume e os cheiros xa nolo pon ENCE. E moito máis barato e nos tempos que corren iso é importante", dixo o Demo antes de sair "aquí estamos coma na casa".

"Eu son coma un comercial do inferno e intento levarme almas ao caldeiro", expricou "aquí estarei para o ano⿦ se Deus quere" e despediuse entre gargalladas.

Para os que non puideron acudir pola mañá, teñen unha oportunidade esta tarde de venres ás 20 horas.

Arquivado en